"Os soños do mar" de Laxe |
Correo-e
|
|
Tuesday, 06 de October do 2009 |
|

En breve teremos un novo documental no que a Costa da Morte é a protagonista. Un vello coñecido da zona de Laxe, Daniel López e a súa produtora Mandeo Records volve a Laxe logo de ter realizado unha fermosa reportaxe en vídeo do III Atalajazz 2009 e de deixar para o recordo nun documenta os 50 anos do Naufraxio de Laxe. Precisamente esta nova longametraxe documental, “Os Soños Do Mar”, é a continuación é a segunda parte dunha triloxía dirixida por Daniel López, que comezaba en 2008 con "Naufraxio". "Os soños do mar" trátase dunha longametraxe documental que narra a forma de vida da xente do mar. Unha historia que transcorre nunha pequena vila da Costa da Morte, chamada Laxe na que poderemos comprobar o sacrificio que supón traballar no mar, e que en ocasións cobra un imposto demasiado alto: os naufraxios. "Os Soños do Mar" verá a luz en Novembro de 2009 e aquí a presentaremos. Mais información Novas relacionadas Fonte
|