Anunciabamos a semana pasada de como en breve veremos un novo documental sobre a tradición mariñeira da vila de Laxe. Da man de Daniel López e Mandeo Records, xa olláramos de preto o Naufraxio de Laxe e o Atalajazz 2009, e en breve sairá unha nova aposta pola zona: "Os soños do mar", onde o pobo e a vila de Laxe son os protagonistas de novo.
BSO
A banda sonora do documental será un dos seus puntos fortes, dadas as grandes voces que participan. Entre elas atopamos a grupos como: O´Carolan, Cahórnega, Pedro Lamas, Diego Barral, Nico Casal, ou a mesmísima Rosa Cedrón, ex cantante de Luar na Lubre.
Making Off
Chéganos este Making Off do documental, que narra o día a día da xente do mar e as súas formas de vida, ás veces, como sabemos, expostas a un alto prezo: os naufraxios (e os asaltos dos piratas...).