|

Continuamos recollendo esas carencias que vemos e que nos van chegando do estado da ruta Xacobea pola nosa bisbarra. Hoxe o facemos analizando o estado do firme das pistas. Lamentablemente non todo o camiño trascorre por pistas polo medio do monte, se non que boa parte vai por asfalto. Pero é que boa parte das que son pistas, están nunhas condicións pésimas. No duro inverno costeiro a lama e as riadas fan impracticable boa parte das pistas. Non hai apenas camiños que estean realmente acondicionados como tal, camiños de terra ben aplanados, e duros, para que non se enlame polo inverno. Algo que non sería tan complicado de levar a cabo, xa que en cada camiño de terra, a posibilidade de pasarlle unha apisonadora que faga ben firme o camiño non ten que ser nin moi custoso nin nada complexo. En bici? Imposible, materialmente imposible, facer o camiño en bici. Xa o vimos no caso aparte de Baosilveiro, pero é que a obrigatoriedade de baixarse da bici para pasar charcos e charcos aparece de cotío. Baixarse e facer malabares ademais, para non meter o pé no medio da lama. E malia e todo, faise máis que difícil non embadurnarse, e nós cando menos, lembramos ter sumerxido o noso pé na lama 2 ou 3 veces. Exemplos do mal estado das pistas Xa vimos as imaxes de arriba que son do tramo entre Lires e Fisterra. E tomamos outros exemplos que nos achegaron os membros da Plataforma veciñal de Fisterra, que hai un par de meses facían unha rigurosa análise o estado do Camiño entre Olveiroa e Fisterra. O camiño en Dumbría Malia ser unha das zonas máis bonitas do Camiño dende Roncesvalles, e non estar de todo mal sinalizado, houbo dous detalles que afean a camiñada. Nada máis saír de Olveiroa aparece unha fea escombreira no medio e medio do camiño, onde o azulexo e diverso material de construción fan de manto para a senda. Tamén destacan a "perigosidade" do camiño entre Hospital e Dumbría, cun camiño feito a base desa escoura verde da Ferroatlántica, e que por mor das choivas, fanse regos difíciles de superar e que fan que haia que estar máis que pendentes dos nocellos. Chegando a Cee Xa vimos as denuncias da sinalización no concello ceense. Hoxe toca sufrir a baixada dende a Armada ata Camiños Chans. Non hai peregrino que non se queixe do estado desta empinada pista, con regos verdadeiramente profundos que non permiten disfrutar das primeiras vistas ao mar dende o comezo do Camiño, sexa onde for. En Corcubión Outro lugar onde vimos como a mala sinalización reduce o aproveitamento económico co Camiño. Pero hoxe imos falar do estado da pista que sobre ata o Vilar. Ademais de haber varias zonas á saída do Campo do Rollo onde os fermosos valados de pedra caeron e están no medio da senda, o camiño cando sobe, cun desnivel tremendo, cara o Vilar, faino por unha pista en fatal estado, tamén comida polos regos que fai a choiva. Máis necesidades Necesidades do Camiño (III): A sinalización. Novas relacionadas Artigos relacionados Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- As 3 últimas fotografías son da Plataforma Fisterra Único Fin do Camiño.
|