|

Temos cita este venres co Presidente da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago, José Antonio de la Riera. Xa fumos de viaxe con el en este diario a través da serie de artigos Terminar o Camiño no mar. E xa coñecemos como pensa sobre a beleza, a marabilla e o tesouro que significa para a Costa da Morte a Prolongación do Camiño. Pero tamén está algo canso. Canso de tanto localismo, de tanta falta de ver máis alá da última casa. Case que dúas décadas leva De la Riera loitando por conseguir a catalogación da Prolongación do Camiño ata Fisterra-Muxía como Patrimonio da Humanidade. Antes de que os propios moradores da fin do mundo coñecéramos o noso tesouros, es era un deses buscadores de documentación en antiguos relatos de peregrinos, perdéndose entre os toxos na procura de camiños, e loitando con administracións e iglesia para que a Ruta de Fisterra e Muxía fosen unha realidade. Pero cansou. E a culpa foi nosa. "Un absurdo esta loita polo fin do camiño", aseguraba esta martes na Radio Nordés - Cadena Ser, falando con Susana Alvite. Ía máis alá, asegurando que a loita pola fin do camiño "é un asunto que non nos importa a nós nin aos peregrinos. Unha historia que non é do Camiño. O Camiño é universal". E non calou o seu enfado, mentres conta como tirou a toalla por esa batalla burocrática pero que tanto ben lle faría á nosa zona: "Ás veces dan gañas de coller as baldosas amarelas e levalas ao Cabo Vilán", rematou con ironía. Charla en FisterraA Charla sobre o Camiño de Santiago con De la Riera será este venres 6 de agosto de 2010, ás 20:00h da tarde no Salón de Plenos do Concello de Fisterra. Unha cita no marco ciclo de Portos Xacobeos e dentro da Semana Cultural do Camiño ao Finisterrae. Terminar o Camiño no Mar, con José A. De la Riera Novas relacionadas Artigos relacionados Fonte - Redacción de QPC (
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver
).
- Fotografía da Casa de Trillo.
|