quepasanacosta.com | Diario Dixital da Costa da Morte

Final »

[4 Jul 2011 | 2 Comentarios | ]

Final Copa 2011-Soneira homenaxe Miguel

Non houbo sorpresa. Tralo 3-0 da ida en Castriz, e contando a diferencia de categoría, todo parecía imposible para os xalleiros. E así foi nunha tarde bastante sosa e aburrida no Municipal de Vimianzo. O festón do Asalto ao Castelo non afectou aos soneiráns, que sentenciaron saíron a por todas no primeiro tercio da final con dous tantos de Santi e Kike.

General »

[26 Jun 2011 | 7 Comentarios | ]

Final Copa - Gol de Vituco SoneiraHabía unha gran probabilidade de que a final se resolvera no partido de ida e así foi, o Soneira demostrou estar un eslavón por enriba do Castriz e sen facer un gran partido aproveitou a gran pegada que ten para deixar a final sentenciada.

Final »

[23 Jun 2011 | 5 Comentarios | ]

Cartel Copa da Costa

O primeiro capítulo da gran cita anual do fútbol da Costa xa está aquí. A ida da final da Copa da Costa 2011 xógase este domingo ás 19:00h en San Pedro de Castriz. I é que falamos da “Champions do fútbol modesto”, como nos conta Huelvis na entrevista de Anxo Garrido, que pasar por ser a cita social máis importante do ano na Costa da Morte.

Final »

[23 Jun 2011 | 3 Comentarios | ]

Videoentrevista con Huelvis

Case 20 minutos de conversa que vén de manter Anxo Garrido co míster do Castriz, José Manuel Vázquez, máis coñecido como Huelvis.

Final, Semifinais »

[19 Jun 2011 | 8 Comentarios | ]

Castriz-Xallas

Temos finalísima da Copa da Costa. E a atención centrábase en Castriz, onde o derbi xalleiro estivo apaixoante. Cheo en San Pedro para disfrutar dunha boa festa futboleira, onde o valor doble dos 2 goles dos de Huelvis en Fontenla foron claves para que o Castriz superase a todo un Xallas.

Pola súa banda, en Vimianzo viviuse unha boa batalla entre un Nantón que o intentou todo, e un Soneira que malia saír algo confiado, puido manter a portería a cero.

Este luns 20 de xuño saberemos onde se celebra a Gran Festa do Fútbol da Costa. O sorteo será o luns ás 13:00h, e saberemos a orde dos encontros da final.

E unha vez desenvolto o sorte da Final da Copa da Costa, o primeiro encontro desenvolverase en San Pedro de Castriz, polo que a Festa do Fútbol da Costa serán no Municipal de Vimianzo o vindeiro 3 de xullo.