quepasanacosta.com

Diario Dixital da Costa da Morte | www.quepasanacosta.com

Prodemar
cadelina salvacadelos

Cadeliña

  • Sexo: femia
Quero máis información
camada ponteareas

Camada de Ponteareas

  • Raza: Cruce de pastor alemán e coker
  • Idade: 1 mesiño
  • Sexo: 8 cachorriños
Quero máis información
Can lingua

Lobo

  • Raza: raza mediana
  • Sexo: macho
Quero máis información
grifon Onda

Onda

  • Raza: grifona vendeana
  • Idade: 3 anos
  • Sexo: femia
Quero máis información
leo

Leo

  • Raza: pastor
  • Sexo: macho
Cruce pastor 190

Cruce de Pastor xalleira

  • Raza: Cruce de pasto Belga e alemán
  • Idade: 7 anos
  • Sexo: femia
Rufo

Rufo

  • Raza: can de raza mastín
  • Idade: 3 anos
  • Sexo: macho
Lolo

Lolo

  • Idade: 8 anos
  • Sexo: macho
blaky

Blaky

  • Idade: 8 anos
  • Sexo: macho
cadela-fisterra

Mini

  • Raza: femia
  • Idade: 1 aniño
salva-gordita

Gordita

  • Sexo: femia
Quero máis información

Iniciativa do Hospital Clínico Veterinario Argos e www.quepasanacosta.com

Se lle interesa algún dos cadelos desta páxina ou quere máis información, póñase en contacto:

Non atopas a túa mascota?, ponte en contacto con nós para ver se sabemos algo:

Historias reais de xente que adoptou un animal en Salvacadelos. Anímate a ser un deles

Tripod’s Trip


“Tripod” é un gatiño que foi atopado na rúa de Camariñas cunha pata destrozada. A súa salvadora foi unha turista inglesa que fixo escala co seu barco en Camariñas forzada polo temporal.
Non puido deixalo así Ethel Grant e achegouse á Clínica Veterinaria Argos, costeou a operación para amputarlle unha patiña, e o levou consigo tras unha longa viaxe ata Inglaterra, onde lle atopou un novo fogar.
Definitivamente “en temas de respeto animal temos moito que aprender dos nosos veciños europeos”.


Risitas vive feliz en Aspadex


Foi a familia de Aspadex a que o acolleu e a resposta de todos non pode ser mellor. As veterinarias foron esta pasada semana a vaculano e a poñerlle o microchip ás instalacións que Aspadex ten en Toba, Cee.
Jorge e Tomás son os responsables do seu coidado, pero todos xogan con ela. Xa teñen unhas pautas para os seus coidados (alimentación, hixiene…) que lles deixaron as veterinarias e proba do bo trato son as caras de felicidade de uns e outra! De feito, ninguén quixo perder ocasión de sair na foto dicindo “Risitas”!!!!


A Salvadora eterna


Podémola ver polo mercado de Cee facendo que os seus compañeiros lle boten unha man cargando a compra cun fantástico carriño. I é que Cristina Sánches non é unha Salvadora calquera. Non hai can ou gatiño desamparado que se cruce polo seu camiño que quede orfo. Aló os leva para casa, e os cuida (vacina, adestra, castra…) sempre cos seus cartos. Hoxe, dende Salvacadelos, brindamos por ela!


Amor a primeira vista

Juan e Bego salvadores


Os salvadores Juan e Begoña viven en Louro e adoptaron a Café despóis da morte do seu vello compañeiro Trasto. Aínda que se van lembrar de Trasto sempre, a alegría de Café axudounos a levar mellor o disgusto.



A gran loita de Cid

Trátase dun canchiño de algo menos de un ano de idade, raza leonado, que apareceu o mes pasado preto de Corcubión. Estaba en moi mal estado nunha cuneta. Cheo de fame e paralizado de atrás, cunha gran anemia e con lesións graves nunha das patas traseiras. Posiblemente por un atropelo, queren pensar as veterinarias da -Clínica Argos antes de pensar noutras cousas…

Foi unha familia de Corcubión a que o adoptou tras recuperarse na Clínica ceense, e chamoulle Cid, pola gran loita que tivo este pequecho para saír adiante. Cada día que pasa xa se vai movendo mello e ten á súa familia adoptiva enamorados.


Creando parellas en Fisterra

parellina

O mismo día que colgamos en Facebook a foto do canciño abandonado en Fisterra, Carla púxose en contacto con nós. Estaba interesada en adoptar o canciño por que era moi parecido a o que lle morrera envenenado 3 meses atrás. Ela sempre ten a parexiña, e este can parecíalle perfecto para se o novo compañeiro do seu can.
Como ninguén reclamou o can, e o non ter microchip, Carla levouno encantada. Como se pode ver na foto, adaptouse de maravilla ó seu novo fogar.


Girasol: “Busco familia”

Con este cartel paseouse varios días Girasol pola Fisterra adiante. Dous Salvadores de Corcubión atoparon este fermoso can blanco por Fisterra, con ese carteliño de “Busco familia. Girasol”. Chegou á Clínica Veterinaria Argos de Cee, e tras comprobaren que non tiña microchip, lle buscaron familia, e de contado, xa o adoptaron.


Rostro, rebautizado como Nemo, volve a Fisterra

Salvadoras de Nemo

Fermosa a historia de Rostro. Ou xa Nemo, como o rebautizaron as súas Salvadoras.
Foi atopado abandonado na Praia do Rostro, e as veterinarias de Argos así o nomearon. E curiosamente volve á súa terra, onde a acolle a súa Salvadora, Mariana.
Xa o puxeron ó día de vacunas e identificárono co microchip. Así que agora só lle queda disfrutar da fin do mundo!


Unha parella Salvadora en Carnota

Salvadores en Carnota

Hai un tempo, algún desalmado deixaba unha fermosa camada de cachorrines abandonados nos montes de Carnota. Sorte un veciño deu con eles e os puidemos coidar na Clinica Veterinaria Argos de Cee, ao tempo que publicabamos as súas fotos en Salvacadelos.
Xa están todos os cachorrines regalados. Esta parella, Soraya en Juan M., son uns dos Salvadores, e aí os vemos, máis contentos que nunca, coa súa pequena Nana.


Mónica e Hugo


Aquí vemos unha nova familia formada. Dá gusto verlle as caras de alegría á Salvadora Mónica, e ao salvado Hugo!!!


A Salvadora Lisa

Salvadora Lisa

Esta é unha das clientas da Clínica Veterinaria Argos e Salvadoras de Salvacadelos. Chámase Lisa. É inglesa e agora vive co seu marido na Costa da Morte. Os seus cans son Molly e Mutley, os dous adoptados. Mutley foi a través da Clínica ceense. A familia de catro patas complétase con 3 gatos :) .


House é feliz na Mariña Lucense


Ata Ribadeo chega Salvacadelos. I é que as redes de adopción de animais son infinitas, como nolo conta a compañeira Natalia, veterinaria de profesión e unha amante dos cans.
Unha compañeira súa da universidade, Nani, ollou esta preciosidade na web de Salvacadelos fai agora dous anos, e en sabendo que Nantalia buscaba un amigo, levoulle a “House” ata a Mariña Lucense.


Noelia e Maica, dúas boas amigas


Aquí podemos comprobar a cara de fecilidade da salvadora Noelia, que está encantada coa súa adoptada Maita.


Un final feliz para Plutón


Plutón andaba perdido polos eólicos de Mazaricos. Foi o veciño Quino Pais quen nos informaba de que o pobre andaba despeluxado pola zona, e encargouse de traelo a Salvacadelos. Non tardou en namorar del Teresa ao velo a través da rede. Bautizárono como Plutón e alá marchan a vivir en Ferrol. Xa o vacunou e lle puxo o microchip.


Un novo amigo

Salvadores en Salvacadelos

Esta semana, esta fermosa familia achegábase ata a Clínica Veterinaria Argos de Cee logo de ver en Salvacadelos este canciño. Este pequerrecho marcha para facerlle compañía a unha persoa maior que vive soa, así que agardamos que se leven de marabilla.



Isabel e seu novo Kollin

Salvadora Isabel e Kolin 440

A historia de Isabel é moi fermosa. Tiña dous cans, un macho e unha femia. O macho enfermou e morriu e a femia quedou moi triste. Para axudala, Isabel adoptou a Kollin. A femia e máais el lévanse de marabilla dende que comparten familia. Se hai sitio para todos!


Trufa manda saúdos dende Lalín


Era recollida en Baio, abandonada polas estradas da bisbarra. Pero Salvacadelos conseguíu atoparlle unha familia, mesmo fóra das fronteiras da nosa bisbarra. Aí a vemos, perfectamente feliz polas leiras de Lalín, onde unha familia o acolleu.


Dúas salvadoras peregrinas

Impresionante a historia de Pinio e as súas Salvadoras. Ruth e Patricia, dúas peregrinas suizas, antes de chegar a Fisterra atopáronse con este malferido can. Levárono a curar á Clínica Veterinaria Argos de Cee, e agardaron por el en Suiza, onde xa vive feliz correndo polos Alpes.

Ler a historia completa.


As Salvadoras responsables de Chispa

Fabulosa esta familia Salvadora, e responsable. Levaron a Chispa tras vacinala e identificala con microchip, como esixe a lei, de xeito que en caso de perda, abandono ou algún que outro problema, a cadela poida ser facilmente identificada.


Formando familias fóra da bisbarra


Levaba más dun mes esta cadeliña baiesa buscando familia en Salvacadelos. E foi un flechazo. Esta veciña de Lalín atopouna pola rede, a través do noso Facebook. E namourou tan encarecidamente dela que se achegaron ata Cee de contado para adoptala. Así, a nosa amiga baiesa ten que emigrar, pero máis contenta que unhas pascuas, vacunada e identificada con microchip, como ten que ser


Máis familias salvadoras

Comeza o 2011 pero a iniciativa solidaria Salvacadelos segue en marcha. E con máis traballo que nunca. Estas semanas chegaron diferentes familias que recolleron cadeliños abandonados en Salvacadelos, para vacinalos. As caras de felicidade por ter un novo amigo eran tremendas.


Rito xa viste de negro coa súa nova familia

Rito, o gatiño negro e o seu amo

Rito xa atopou unha familia. Este fermoso cadeliño, que chegaba a Salvacadelos nada menos que de Bertamiráns, xa atopou familia.Boas novas para Rito, que cando chegou á Clínica Veterinaria Argos de Cee, o fixo en tan mal estado, que ata pensaron nun primeiro momento que era unha femia. De aí o de Rito, porque nun principio era Rita…

Este mozo acolleuno na súa casa, e ademais tamén suma á súa familia a un pequeno gatiño. Todos de negro, iso si!.


A importancia do microchip

Falabamos hai un tempo da necesidade de indentificar aos cans con microchip. A semana pasada sufriron na clínica ceense un caso ben explicativo. Aparecía por Pereiriña este canciño. O canciño quedou clínica agardando pola súa familia e ata que pasaron ao cabo de longos días, os seus donos pasaron a preguntar. Aló estaba, agardando para voltar á súa casa.

Este proceso, como nos contan dende a clínica, sería moito máis sinxelo e rápido, se o can tivese posto o microchip. A localización dos seus donos sería instantánea e o cadeliño non precisaría pasar varios días fóra da casa.


Lanza, a cadela bombeira

Abandonada xa a mediana idade. Media cega e case xorda. De seguro que a pobriña nunca faría iso co seu dono.

Así atoparon a Lanza o equipo de bombeiros de Cee. Perdidiña pola estrada, arredor da estación, pedindo cariño. Como non podía ser doutro xeito, os bombeiros, facendo gala da súa valentía, rescatárona e coidaron dela mentres a Clínica Veterinaria Argos de Cee e Salvacadelos intentaban atopar aos antigos donos.
Non apareceron.

Pero aló estaban eles, eses bravos bombeiros ceenses, que pasaron da acollida á adopción. Agora, Lanza xa é unha máis do equipo de bombeiros, e xa ten amenazado con saír no camión a apagar algún lume…
Quen está encantado é Roi, o cadelo de Arturo Pasantes, que dende hai uns meses non se separa da súa nova amiga.


Unha amiga para Tom

salvadoras-carnota440

Por Carnota tamén hai moita Salvadora solta. As últimas que pasaron pola Clínica veterinaria Argos son estas dúas veciñas, irmáns da zona, que acolleron esta femia tremendamente cariñosa para facerlle compañía a Tom.
Foi un día moi feliz para Tom porque ademais de coñecer unha nova amiga, tivo unha sesión de peluquería moi coqueta da man da Señora Carmen.


As heroínas de Camariñas


Fermosa historia a que ten lugar en Camariñas. Coñecíamos a esta fermosa camada de gatiños que pasaban pola Clínica achegados por unhas veciñas. Pero é que estas veciñas coidan dende hai tempo da súa nai, esta fermosa gata.

As veciñas, unhas heroínas para Salvacadelos e un exemplo a seguir, pagaron os costes do vaciado da nai. E mentres as veterinarias conseguiron un novo fogar para 3 das gatiñas, a máis pequecha e a nai, xa vaciada, seguen sendo parte da súa familia, e campan ás súas anchas polas rúas da vila.


A cadela que sobreviviu ao lume

cadela-lume

Esta cachorriña que vemos perdeuse durante o duro incendio de comezos de agosto en Berdoias.

Un Garda Forestal atopouna e achegouna á Clínica Veterinaria Argos de Cee, organizadora da iniciativa xunto co diario.

Chegou con moitas queimaduras no morro e nas patiñas, polo que precisou un tempo de recuperación na clínica. Con todo, o bo traballo das veterinarias da Clínica e o bo funcionamento a través da rede de Salvacadelos, conseguíu atoparlle unha nova familia para poder olvidar o agobio das lapas.


Lúa

luaSalvaHistoPontec

Unha familia pontecesá visitaba a páxina de Salvacadelos e namoraba da pequena Lúa. Sen pensalo, colleu o coche e se prantou na Clínica Veterinaria Argos para salvala. Agora vive así de feliz na súa nova casa, e nos enviaba unha carta de agradecimento. Máis feliz está Lúa e mais nós. Vemos aquí como durme a pequecha, iso si, de día.


A mocidade tamén acolle

salvacadParellaGua

Esta parella de mozos da zona, estrearon o seu piso de Cee con este pequeno can de ollos verdes. Encántanos coñecer esta clase de historias, nas que non só son as familias con unha gran casa de casa e moito tempo as que acollen aos pequenos habitantes de Salvacadelos, senón que a mocidade tamén dá mostras da súa solidariedade.

Así, esta parella levou o can a súa casa, e agora non para de correr e correr pola enorme terraza do seu novo piso en Cee. Todos tan felices e tan guapos.


Chula

chulaSalvacadelos

“Chula” chegou á clínica de paso, para ser atendida mentres a súa dona arranxaba uns problemas persoais. O tempo pasou e a señora foi desentendéndose da cadela, malia estar esta preñada. Pasaron os días e Chula paríu na clínica tres cachorriños preciosos. Criounos e gracias á solidariedade das xentes da Costa e do esforzo das traballadoras da clínica, atopouse casa para os tres. Cinco días despois de que se regalara o último dos seus fillos, a clínica atopou un novo fogar para Chula.


Traspasando fronteiras

pepa2SAlva

Unha boa seguidora compostelá de Salvacadelos, non puido aguantar máis e achegouse ata Cee para acoller a Pepa. Pepa foi adoptada por María Xosé, e xa dende o primeiro momento matén unha relación de amor coa outra pequerrecha da casa, Adriana.

“A mesma noite da chegada”, cóntanos María Xosé, “ficaron na cadeira as dúas, e conxeniaron tan ben que quedaron vendo a tele. Ao día seguinte xa disfrutaron de paseo en tacatá, aínda que a Pepa non tira moito do carromato!”.


Jacob

jakob1

Jakob era un cadeliño perdido pola costa de Fisterra, ata que apareceu Markus, un mozo alemán que levaba 3 meses facendo o Camiño de Santiago.

Cando estaba chegando ao fin do mundo, se lle cruzou aquel precioso cadeliño e non puido máis que levalo con él.

Levouno a Clínica Argos e pediu que se lle puxeran todas as vacinacións necesarias e que se lle suministrase toda a documentación precisa para levalo consigo a Alemaña.

Así foi como Jakob e Markus se coñeceron e agora comparten a súa vida en Alemaña.


Blanquita

blanquitaSalv

Unha nova e bonita historia foi protagonizada por Blanquita. Esta pequerrecha cadeliña de 7 meses foi abandonada por estar coxa. A clínica Argos atopóulle unha casa, onde a señora octoxenaria que a acolleu saía a pasear coa única motivación de sacar a pasear e ver correr ao seu cadelo.

Pero o seu velliño can morría tras unha grave enfermidade e a señora non quería saír máis da casa, ata que entrou Blanquita na súa vida. Agora, as dúas son felices, Blanquita ten unha casa onde lle dan moito cariño, e a súa dona sae tódolos días a disfrutar da vida.


Kas

kasSalva

Pasou de vivir debaixo dun coche por Corcubión a compartir piso con cuatro estudiantes en Coruña.

Así rematou o pequeno Kas, este delicioso gatiño que vemos na imaxe. Foi recollido maullando sen parar debaixo dun coche na rúa principal de Corcubión. Con agarimo deixábase acariciar e coller pedindo calor ante a ausencia da súa nai.

As veterinarias da Clínica Veterinaria Argos acollérona, coidárona, e deixáronlla forte para unha nova vida. Unha nova vida na capital herculina. A complicada vida rueira tornou nunha vida de rei. Aló está nun pisiño da Coruña, pero iso si, por xente da Costa.


Luca Toni

salvaLucaToniRapas

Chega a todos lados esta fermosa iniciativa de Salvacadelos. Hoxe metémonos de cheo no mundo do fútbol.

Este rapaz acaba de acoller esta marabilla de canciño con cara de despiste, e de nome caéulle o do dianteiro de moda no fútbol italiano, Luca Toni.


Prodemar Clínica Argos. Cee Que pasa na Costa Galinus.Taller de novos medios

Proxecto financiado por:

Xunta Xunta